VI CARREIRA POPULAR DE MONDARIZ

INCRICIÓNS PECHADAS

O proxímo 24 de setembro o concello de Mondariz xunto coa colaboración da Asociación Deportiva Mondariz, organiza o evento VI CARREIRA POPULAR DE MONDARIZ.

Unha proba de sete kilómetros para as categorías absolutas e diferentes percorridos para as categorías de menores.

Aquí presentamos un resumo da proba.

CATEGORÍAS

As categorías para a carreira serán as seguintes:

CARREIRA DE MENORES:

  • CADETES: Nados entre os anos 2007/2008
  • INFANTÍS: Nados entre os anos 2009/20010
  • ALEVÍNS: Nados entre os anos 2011/2012
  • BENXAMÍNS: Nados entre os anos 2013/2014
  • PREBENXAMÍNS: Nados entre os anos 2015/2016
  • PITUFOS: Nados entre os anos 2017/2018
  • CHUPETES: Nados entre os anos 2019/2022

CARREIRA ABSOLUTA

  • SENIORS: Nados entre os  anos 2006/1987
  • VETERANOS A: Nados entre os anos 1986/1977
  • VETERANOS B: Nados dende os anos 1976 e anteriores.

INSCRICIONS

Faranse na web championchipnorte.com, ata as 23:59 horas do xoves 22 de setembro de 2022, non se admitirán inscricións nin posteriores nin o mesmo día da proba.

A inscripción de menores farase na mesma páxina que as inscricións da carreira absoluta.

O custe da inscripción será de 5 euros por participante, agás as categorías de menores que será gratuita..

A inscripción considerase finalizada ao facer o pago desta e non se retornará o importe da inscripción por ningunha circunstancia.

A inscripción na proba absoluta quedará limitada a 200 participantes.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE

Farase na zona de saída, na casa rectoral de Mondariz, nun lugar habilitado pola organización, a partires das 15:00 en diante.

PERCORRIDO

A carreira absoluta fará un percorrido de 7 km, comprendendo parte urbana e unha recorrendo as ruas de Mondariz. Dando comenzo a proba as 18:30h

As carreiras de menores faranse por un circuito totalmente urbano, realizandose na seguinte orde e horario:

  • 17:30h- CADETES: Nados entre os anos 2007/2008
    Circuito de 1500m (aprox)
  • 17:40h- INFANTÏS: Nados entre os anos 2009/2010
    Circuito de 1200m (aprox)
  • 17:50h- ALEVINS: Nados entre os anos 2011/2012
    Circuito de 900m (aprox)
  • 18:30h- CARREIRA ABSOLUTA: 2006 e anteriores. Circuito 7 km
  • 19:30h- BENXAMÏNS: Nados entre os anos 2013/2014
    Circuito de 600m (aprox)
  • 19:40h-PREBENXAMÏNS: Nados entre os anos 2015/2016
    Circuito de 300m
  • 19:45h- PITUFOS: Nados entre os anos 2017/2018
    Circuito de 100m (aprox)
  • 19:50- CHUPETES: Nados entre os anos 2109/2022

Avituallamento: Líquido no Km 4,5 aproximadamente e especial na liña de meta.

PREMIOS

O rematar farase a entrega de trofeos, hora estimada 20:00h.

Carreira absoluta:

  1. Trofeo mais 100 Euros.
  2. Trofeo mais 75 Euros.
  3. Trofeo mais 50 Euros.

Tanto como masculino como femenino.

A se mesmo haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da proba absoluta nados en Mondariz.

Tamén haberá trofeos para os tres primeiros calificados das categorias Seniors, Veteranos A e Veteranos B, tanto masculino como femenino.

Tamén tendrán trofeos os tres primeiros clasificados das categorías de menores tanto masculino como feminino escepto os pitufos e chupetes que serán obsequiados cun agasallo.

DESCALIFICACIÓNS

O servizo médico da competición ou o director de carreira, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

PERSOAS NON INSCRITAS

Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.

SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES

A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.

A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente.

Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporán dun seguro de accidentes, por lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

OUTROS SERVICIOS

A Organización dispón dun servicio de duchas, que se atopará no pabellón polideportivo de Mondariz, un servicio de garda roupa, que estará nun lugar da saida/meta, e dun servicio de masaxes totalmente gratuito, para aqueles corredores que así o desexen.

MAPA DO RECORRIDO

PARA MAIS INFORMACIÓN

[email protected]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*