
INSCRIBETE
O vindeiro 12 de Outubro de 2022, a Asociación Deportiva Mondariz, organiza a V Marcha BTT Montes de Mondariz, cun percorrido polos montes mais fermosos e significativos do entorno e que saldrá da Praza de España de Mondariz.
Este ano a ruta será de 40 kms e teremos unha ruta longa de 50 kms, solo para aqueles que queiran facela. Iremos informando o longo de estos días.
CARÁCTER DA MARCHA E PARTICIPACIÓN
A Marcha terá un carárter non competitivo e queda regulada polo reglamento cicloturistico para todos os participantes.
A participación da Marcha será libre, sendo a idade mínima de participación de 18 anos cumpridos antes do 12 de Outubro de 2022, ata un límite máximo de 400 participantes.
A ruta constará dun percorrido de 40 km, con difilcutade media/alta, e contará con catro trialeiras e rutas alternativa para todas elas e unha ruta opcional de 50 kms para os mais atrevidos.
INSCRIPCIÓNS
A inscripción farase seguindo os seguintes pasos:
- O prezo da marcha será de 14 Euros, abrindo inscripcions o vinderio día 08 de Agosto e finalizando o prazo o día 08 de outubro.
- A inscripción farase na páxina web championchipnorte.com
- Non se admiten inscripcións o mesmo día da proba.
- As inscripcións quedan abertas ata o 08 de outubro de 2022.
RECOLLIDA DE DORSAIS E HORARIOS.
- A entrega de dorsais farase na Praza de España, nun lugar habilitado po la organización o mesmo día da proba, de 8:00 a 9:15 da mañá.
- A saida efectuarase as 9:30 en punto da mañá e pecharase as 14:30, salvo os participantes que rematen antes.
AVITUALLAMENTO OBSEQUIOS E SERVICIOS.
- A organización fará un avituallamento sólido e líquido, que será na metade do percorrido e un mais liquido no percorrido longo.
- O rematar a marcha, teremos avituallamento liquido, e a organización dará un pincho quente para os participantes.
- Os participantes da proba recibirán un obsequio conmemorativo do evento e sortearanse entre os participantes unha serie de agasallos que a organización dará a coñecer antes da proba.
- Teremos servicio de aparcamento para os participantes.
- Sevicio de ducha, que será no pavellon polidaportivo de Mondariz, moi preto da saida/meta.
- A organización tamén dispón de un servicio de lavado de bicicletas.
SEGURIDADE
- Será obligatorio o uso do casco
- O dorsal terá que ir colocado no manillar da bicicleta ou nun lugar visible.
- Non se poden efectuar accións voluntarias que poidan danar o entorno natural.
- Non se podrá levar o dorsal de outro participante.
- Non podrá ser remolcado nin acompañado por calquer tipo de vehículo a motor.
- A Organización conta con un seguro de Responsabilidade Civil e outro de acidentes.
- A organización dispón dos servicios sanitarios mínimos, Médico, enfermeiros e ambulancia.
MAPA RUTA CURTA

MAPA RUTA LONGA

PERFIL DA RUTA

PERFIL DA RUTA LONGA
