IV TRAIL ORIXES DE MONDARIZ

INSCRICIÓNS DENDE O 1 DE FEBREIRO

  • O concello de Mondariz xunto coa Asociación Deportiva Mondariz organizan a IV Trail Orixes Mondariz , o día 21 de maio de 2022. A proba por montaña consta de catro distancias; ultra 60km, Maratón 40km, Trail 26km, Minitrail 14km, que percorren os montes que rodean o Val do Tea en Mondariz e concellos lindantes.
  • Trail Orixes Mondariz nace co propósito de dar a coñecer lugares de Mondariz que foron e son parte do modo de vida do pobo e forman parte dá contorna.
  • O tipo de terreo polo que discorre a proba e variado, cunha dificultade técnica e física alta. A proba desenvolvese entre a media e baixa montaña acadando a cota máis alta de 927 metros de altitude.

DATOS TÉCNICOS:

  • Ultra 60 km 6400 desnivel acumulado +/-, Maratón 40km 4600 desnivel acumulados +/-, Trail 26km e 2400m aculados +/-,  Minitrail 14km e 1000m +/- acumulados

REQUISITOS:

  • Ser maior de idade no día da proba. (Minitrail a partir dos 14 anos)
  • Coñecer e aceptar as condicións desta regulamento.
  • Estar totalmente informado sobre o que é Trail Orixes Mondariz 2022 e dispor do coñecemento, experiencia, material e os niveis físicos e psicolóxicos necesarios para poder apoiar e superar os posibles problemas relacionados coa ultra-resistencia, desnivel, xeografía e o entorno salvaxe do evento, tales como: fatiga, problemas dixestivos, problemas músculo e articulacións, contusións, lesións menores, frío, choiva, neve, néboa, esvaróns,
    calor … etc.
  • Realizar correctamente tódolos  pasos e requisitos para a inscrición.

Data: 21 de maio de 2022

  • Hora e lugar de saída: Dende a Praza de España as 08:00h as 20:00h, ou en caso de mal tempo no Campo da Minada (CPI Mondariz) Av. Grupo Escolar, 36870 Mondariz, Pontevedra
  • Inscripcións abertas na web (por determinar)
  • Establécense os seguintes períodos de inscrición, do 04 de febreiro, o dia 16 de maio as 23:59h, de 2022.

Prezos:

  • Os prezos incrementaranse a medida que se aproxime a data do evento.

Día 01/02/2022 a 06/03/2022

  • Ultra 60km: 35 euros
  • Maratón 40km: 25 euros
  • Trail 25km: 22 euros
  • MiniTrail 14km: 17 euros

Dende o 07/03/2022 ata 16/05/2022

  • Ultra 60km: 47 euros
  • Maratón 40km: 37 euros
  • Trail 25km: 30 euros
  • MiniTrail 14km: 20 euros

Dende a organización, as persoas inscritas a partir do 04 de abril por loxística e tempos de producción non podemos garantizar que os obsequios da bolsa do corredor sexan iguais o dos corredores incritos anteriormente, podendo cambiar calidades, marcas e  tallas de obsequios que correspondan co solicitado.

DISTANCIAS E DESNIVEIS:

ULTRA E MARATÓN: 60 km, 6.400 m desnivel +/- acumulado e 40 km e 4.800 m desnivel acumulado respectivamente..

A saída está prevista para as 08:000 horas do día 21 de maio de 2022, dende a praza de españa ou Avenida Grupo Escolar no caso de mal tempo, cunha duración estimada de 6:30 horas para os primeiros participantes e unha duración máxima de 12h, limitados polas horas de luz. A organización conta con varios puntos de corte.

PERFIL ULTRA:

PERFIL MARATON:

TRAIL: 25 km e 2600 m denivel +/- acumulado

O percorrido do Trail de 26km comparte percorrido coa primeira parte e parte media da Maratón. Ás 09:30 horas terá lugar a saída dende a Praza de España, e contará con 4 avituallamentos. A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente, co que repor enerxías.

PERFIL TRAIL:

MINITRAIL: 14 km e 1000 desnivel +/- acumulado

A distancia MiniTrail forma pate da proba Orixes, e comparte percorrido coas distancias Ultra, Maratón e trail na súa parte final, con unha distacia de 14 Km.

A saída está prevista para as 11:00 horas do día 21 de MAIO de 2022, dende a Praza de España ou Avenida Grupo Escolar, cunha duración estimada de 1:30 horas para os primeiros participantes e contará cún avituallamento a metade da carreira.

A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente co que repor enerxías.

PERFIL MINITRAIL:

Trail Orixes Mondariz descorre por varias zonas de río, en caso de mal tempo a organización ten prevista varias modificacións no trazado, podendo aumentra ou diminuir as distancias notablemente, así coma a suspensión da mesma, para asegurar a integridade dos corredores. En caso de suspensión non se devolven os cartos das inscripcións.

AVITUALLAMENTOS E TEMPOS DE CORTE:

ULTRA 60 KM:

MARATÓN 46KM:

TRAIL 25KM:

MINITRAIL 14KM:

  • Aqueles corredores que os excedan, deberán entregar o seu dorsal aos responsables do control e retirarse da proba ou chegar a meta por indicacións do punto de control.
  • A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellasen, ou por outras causas de forza maior. O importe da inscrición non sería devolto.
  • Si fose necesario interromper e suspender a proba nun punto do percorrido, a clasificación determinarase segundo a orde e tempo de chegada no punto de interrupción ou, na súa falta, no último control realizado.
  • O número de avituallamentos  será de oito. A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente co que repor enerxías.

VASOS E DESPERDICIOS

  • A organización non porá vasos nos avituallamentos polo que cada corredor é responsable de levar un recipiente para beber. O obxetivo é  respetar o medio ambiente e minimizar o impacto medioambiental.
  • É obrigación de cada participante levar os seus desperdicios ata a meta ou lugares sinalados nos avituallamentos.

TROFEOS E CLASIFICACIÓNS

  • Entregaranse trofeos ou medallas os tres primeiros clasificados de cada categoría establecida, tanto masculinos como femininos. Os trofeos non son acumulativos, dando prioridade a categoría absoluta.
  • As categorías para a clasificación a efectos de Trail Orixes  Mondariz serán a seguintes:
  • Categoría absoluta: a partir de 18 anos cumpridos o ano de referencia.
  • Categoría sénior: Masculina de 18 a 44 anos cumpridos o ano de referencia. Feminina de 18 a 39 anos cumpridos o ano de referencia.
  • Sub categoría veterana : Masculina a partir dos 45 anos cumpridos o ano de referencia. Feminina a partir dos 40 anos cumpridos o ano de referencia
  • Categoría por equipos: sumaranse os 4 mellores tempos de cada equipo ou club.( A partir do día 16 de maio, non se admitirán cambios nin incorporacións os equipos)
  • A idade a ter en consideración para toda a tempada será a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición. En todalas categorías e sub categorías será necesario para validar a clasificación ter unha participación mínima de 4 competidores. Polo que por baixo de devandito número non haberá protocolo de entrega de premios en devanditas categorías e sub categorías.
  • Os menores de idade a partir de 14 anos só poderán participar na distancia Mini Trail e deberán entregar unha autorización asinada pola nai/pai ou titora/titor e acompañados na recollida de dorsais e durante o percorrido.
  • Clasificación local. Elaborarase unha clasificación local ( entre os concellos de Mondariz, Mondariz balneario, Ponteareas e Covelo) en cada distancia para os tres primeiros clasificados Feminina/Masculina. Esta clasificación será paralela as mencionadas no regulamento da proba e polo tanto acumulativa con outras categorias.

HORA DE ENTREGA

  • Minitrail e Trail: 13:30h
  • Maratón: 17:00h
  • Ultra : 20:00h
  • A entrega de trofeos pode variar de hora en función de como se completen cada categoría e subcategoría.
  • A ausencia do gañador dun trofeo no acto de entrega, entenderase como renuncia aos trofeos ou premios conseguidos. Toda delegación noutra persoa para a recollida dos trofeos e premios, deberá ser coñecida e autorizada pola Organización, coa suficiente antelación.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHARLA TÉCNICA

Recollida de dorsais:

  •  Día previo: lugar Biblioteca Pública Municipal de Mondariz Xoán Xosé Pérez Labaca, rúa Merouces, 18 Mondariz, 36870, venres 20 de maio, de 20:00h ata as 21:00h.
  • Día da carreira: terá lugar na zona de saída dende as 7:15h ata as 10:45h cada distancia pecha entrega de dorsais 15 minutos antes da súa respectiva saída.

Charla tecnica:

  • A charla técnica terá lugar na biblioteca de Mondariz o venres 20 de maio, de 2022, as 21:00h.

PERSOAS NON INSCRITAS

  • Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuito.

SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES

  • A Organización disporá dun servizo médico formado por un médico, un enfermeiro e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.
  • A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente.
  • Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporán dun seguro de accidentes, por lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

OUTROS SERVICIOS

  • A Organización dispón dun servicio de duchas, que se atopará no CPI Mondariz, no pabellón polideportivo e campo da Minada, un servicio de garda roupa que estará nun lugar da saida/meta.
  • Nota: preguntas, suxerencias ou incidencias, realizarase  formalmente por correo electrónico, para garantizar unha correcta e eficaz comunicación . As redes sociais son informativas.

MATERIAL ACONSEXADO E OBRIGATORIO.

Recoméndase a cada corredor levar o siguinte material:

  • Sistema de hidratación
  • Reserva alimentación
  • Gorra ou similar, para protexerse do sol
  • Chubasqueiro ou cortaventos manga longa da talla correspondente
  • Zapatillas de trail running con bo agarre, con debuxo e parte superior con elementos de fijación que manteña a zapatilla ben suxeita ao pé.

A organización establecerá material obrigatorio.

Ultra

  • Sistema de hidratación
  • Teléfono móbil con batería.
  • Cortaventos ou chuvasqueiro (segundo climatoloxía, decisión da organización)
  • Manta térmica
  • Silvato

 Maratón

  • Sistema de hidratación
  • Teléfono móbil con batería.
  • Cortaventos ou chuvasqueiro (segundo climatoloxía, decisión da organización)
  • Manta térmica
  • Silvato

Trail

  • Sistema de hidratación
  • Teléfono móbil con batería.
  • Cortaventos ou chuvasqueiro (segundo climatoloxía, decisión da organización)
  • Manta térmica
  • Silvato

Minitrail

  • Sistema de hidratación
  • Teléfono móbil con batería
  • Manta térmica
  • Silvato

SITUACIÓN COVID19

  • Por outra banda, a crise sanitaria derivada do COVID-19 pode facer necesaria a adopción dunha serie de medidas tendentes a cumprir os protocolos marcados polas autoridades sanitarias.
  • O establecemento e cumprimento das citadas medidas require unha serie de compromisos e formas de actuación por parte, fundamentalmente, de organizadores e participantes. A organización traballará coas autoridades competentes para establecer modelos organizativos que teñan en conta o contexto sanitario.
  • Dependendo da evolución dasituación sanitaria ao longo do ano, poderán aplicarse axustes organizativos para cumprir coa normativa vixente, tales como:
  1. Obrigatoriedade de medidas de prevención e distanciamento en cada lugar de reunión de corredores en carreira e fóra dela.
  2. Saídas graduadas.
  3. Adaptación en avituallamientos e outros servizos de carreira.
  4. Simplificación da entrega de dorsais.
  5. Limitacións ou control dos fluxos de espectadores nas zonas de público.
  • A organización activará estas medidas ou non en función da evolución da situación e da normativa vixente na data da carreira. Así mesmo, o/ a participante acepta que se chegasen a adoptar medidas ou decisións por parte da organización co obxectivo de preservar a saúdedas persoas no curso da competición, non se poderán considerar incumpridas as obrigacións.

CONTACTO

Email:

  1. [email protected]
  2. [email protected]
  3. [email protected]

web:

http://admondariz.org/gl/

Siguenos en RRS:

  1. https://www.facebook.com/TrailOrixesMondariz/?ref=bookmarks
  2. https://www.instagram.com/trailorixes/
  3. https://www.facebook.com/asociaciondeportivamondariz/
  4. https://www.instagram.com/admondariz/

MAPAS DOS PERCORRIDOS

MAPA ULTRA

MAPA MARATÓN

MAPA TRAIL

MAPA MINITRAIL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*