IV MARCHA BTT MONTES DE MONDARIZ

INSCRIBETE

O vindeiro 12 de Outubro de 2019, a Asociación Deportiva Mondariz, organiza a IV Marcha dos Montes de Mondariz, cun percorrido po los montes mais fermosos e significativos de Mondariz e que saldrá da Praza de España de Mondariz.

Este ano Teremos unha ruta longa de 55 km, solo para aqueles que queiran facela. Iremos informando o longo de estos días.

CARÁCTER DA MARCHA E PARTICIPACIÓN

A Marcha terá un carárter non competitivo e queda regulada po lo reglamento cicloturistico-ciclismo para todos os participantes.

A participación da Marcha será libre, sendo a idade mínima de participación de 18 anos cumpridos antes do 12 de Outubro de 2019, ou 16 anos con autorización dos pais, ata un límite máximo de 400 participantes.

A ruta constará dun percorrido de 40 km, con difilcutade media/alta, e contará con catro trialeiras e rutas alternativa para todas elas.

INSCRIPCIÓNS

A inscripción farase seguindo os seguintes pasos:

  1. O prezo da marcha será de 7 Euros ata o 31 de agosto e de 10 Euros dende o 1 de setembro ata o 10 de outubro.
  2. A inscripción farase na páxina web championchipnorte.com
  3. Non se admiten inscripcións o mesmo día da proba.
  4. As inscripcións quedan abertas ata o 10 de outubro de 2019.

RECOLLIDA DE DORSAIS E HORARIOS.

  • A entrega de dorsais farase na Praza de España, nun lugar habilitado po la organización o mesmo día da proba, de 8:00 a 9:15 da mañá.
  • A saida efectuarase as 9:30 en punto da mañá e pecharase as 14:30, salvo os participantes que rematen antes.

AVITUALLAMENTO OBSEQUIOS E SERVICIOS.

  • A organización fará un avituallamento sólido e líquido, que será na metade do percorrido.
  • O rematar a marcha, teremos avituallamento liquido, e a organización dará un pincho quente para os participantes.
  • Os participantes da proba recibirán un obsequio conmemorativo do evento e sortearanse entre os participantes unha serie de agasallos que a organización dará a conocer antes da proba.
  • Teremos servicio de aparcamento para os participantes.
  • Sevicio de ducha, que será no pavellon polidaportivo de Mondariz, moi preto da saida/meta.
  • A organización tamén dispón de un servicio de lavado de bicicletas.

SEGURIDADE

  1. Será obligatorio o uso do casco
  2. O dorsal terá que ir colocado no manillar da bicicleta ou nun lugar visible.
  3. Non se poden efectuar accións voluntarias que poidan danar o entorno natural.
  4. Non se podrá levar o dorsal de outro participante.
  5. Non podrá ser remolcado nin acompañado por calquer tipo de vehículo a motor.
  6. A Organización conta con un seguro de Responsabilidade Civil e outro de acidentes.
  7. A organización dispón dos servicios sanitarios mínimos, Médico, enfermeiros e ambulancia.

MAPA DO RECORRIDO

MAPA DO RECORRIDO IV BTT MONTES DE MONDARIZ

PERFIL DA RUTA

PERFIL DA RUTA CURTA IV MARCHA BTT MONTES DE MONDARIZ

PERFIL DA RUTA LONGA

PERFIL DA RUTA LONGA, PARA AQUELES QUE QUEIRAN FACELA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*