INSCRÍBETE
O vindeiro 15 de Setembro de 2018 a Asociación Deportiva Mondariz organiza, xunto co a colaboración do Concello de Mondariz, a partir das 17:30 da tarde a IV CARREIRA POPULAR DE MONDARIZ.
CATEGORÍAS
As categorías para a carreira serán as seguintes:
CARREIRA DE MENORES:
- CADETES: Nados entre os anos 2003/2004
- INFANTÍS: Nados entre os anos 2005/2006
- ALEVÍNS: Nados entre os anos 2007/2008
- BENXAMÍNS: Nados entre os anos 2009/2010
- PREBENXAMÍNS: Nados entre os anos 2011/2012
- PITUFOS: Nados entre os anos 2013/2014
- CHUPETES: Nados entre os anos 2015/2018
CARREIRA ABSOLUTA
- SENIORS: Nados entre os anos 2002/1983
- VETERANOS A: Nados entre os anos 1982/1973
- VETERANOS B: Nados dende os anos 1974 en diante.
INSCRICIONS
Faranse na web championchipnorte.com, ata as 23:59 horas do mércores 12 de setembro de 2018, non se admitirán inscricións nin posteriores nin o mesmo día da proba.
A inscripción de menores farase na mesma páxina que as inscricións da carreira absoluta.
O custe da inscripción será de 5 euros por participante, agás as categorías de menores que será gratuita.
Un euro de cada inscripción será destinada a “Asociación Asfega de Galicia”. Asociación de fenilcetonuria e outros trastornos metabólicos de Galicia.
A inscripción considerase finalizada ao facer o pago desta e non se retornará o importe da inscripción por ningunha circunstancia.
A inscripción na proba absoluta quedará limitada a 200 participantes.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Farase na zona de saída, na casa rectoral de Mondariz, nun lugar habilitado pola organización, a partires das 15:30 en diante.
PERCORRIDO
A carreira absoluta fará un percorrido de 7 km, comprendendo parte urbana e unha recorrendo as ruas de Mondariz. Dando comenzo a proba as 18:30h
As carreiras de menores faranse por un circuito totalmente urbano, realizandose na seguinte orde e horario:
- 17:30h- CADETES: Nados entre os anos 2003/2004
Circuito de 1500m (aprox) - 17:40h- INFANTÏS: Nados entre os anos 2005/2006
Circuito de 1200m (aprox) - 17:50h- ALEVINS: Nados entre os anos 2007/2008
Circuito de 900m (aprox)
O rematar a carreira absoluta saldrían os mais cativos:
- 19:30h-BENXAMÏNS: Nados entre os anos 2009/2010
Circuito de 600m (aprox) - 19:40h-PREBENXAMÏNS: Nados entre os anos 2011/2012
Circuito de 300m - 19:50h- PITUFOS: Nados entre os anos 2013/2014
Circuito de 100m (aprox) - 19:50- CHUPETES: Nados entre os anos 2105/2018
Avituallamento: Líquido no Km 4,5 aproximadamente e especial na liña de meta.
PREMIOS
O rematar farase a entrega de trofeos, hora estimada 20:00h.
Carreira absoluta:
- Trofeo mais 100 Euros.
- Trofeo mais 75 Euros.
- Trofeo mais 50 Euros.
Tanto como masculino como femenino.
A se mesmo haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da proba absoluta nados en Mondariz.
Tamén haberá trofeos para os tres primeiros calificados das categorias Seniors, Veteranos A e Veteranos B, tanto masculino como femenino.
Tamén tendrán trofeos os tres primeiros clasificados das categorías de menores tanto masculino como feminino escepto os pitufos e chupetes que serán obsequiados cun agasallo.
DESCALIFICACIÓNS
O servizo médico da competición ou o director de carreira, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.
PERSOAS NON INSCRITAS
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.
SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.
A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente.
Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporán dun seguro de accidentes, por lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.
OUTROS SERVICIOS
A Organización dispón dun servicio de duchas, que se atopará no pabellón polideportivo de Mondariz, un servicio de garda roupa, que estará nun lugar da saida/meta, e dun servicio de masaxes totalmente gratuito, para aqueles corredores que así o desexen.