
A Asociación Deportiva Mondariz organiza a II Trail Orixes Mondariz , o día 9 de novembro de 2019. A proba por montaña consta de tres distancia; Maratón 46km, Trail 26km, Minitrail 14km, que percorren os montes que rodean o Val do Tea en Mondariz.
Trail Orixes Mondariz nace co propósito de dar a coñecer lugares de Mondariz que foron e son parte do modo de vida do pobo e forman parte dá contorna.
O tipo de terreo polo que discorre a proba e variado, cunha dificultade técnica e física alta. A proba desenvolvese entre a media e baixa montaña acadando a cota máis alta de 886 metros de altitude.
DATOS TÉCNICOS:
Maratón 46km 4800 desnivel acumulados +/-, Trail 26km e 2400m aculados +/-, Minitrail 14km e 800m +/- acumulados
REQUISITOS:
Ser maior de idade no día da proba. (Minitrail a partir dos 14 anos)
Coñecer e aceptar as condicións desta regulamento.
Estar totalmente informado sobre o que é Trail Orixes Mondariz 2019 e dispor do coñecemento, experiencia, material e os niveis físicos e psicolóxicos necesarios para poder apoiar e superar os posibles problemas relacionados coa ultra-resistencia, desnivel, xeografía e o entorno salvaxe do evento, tales como: fatiga, problemas dixestivos, problemas músculo e articulacións, contusións, lesións menores, frío, choiva, neve, néboa, esvaróns,
calor … etc.
Realizar correctamente tódolos pasos e requisitos para a inscrición.
Data: 9 de novembro de 2019
Hora e lugar de saída: Dende a Praza de España as 07:15h as 17:00h, ou en caso de mal tempo no Campo da Minada (CPI Mondariz) Av. Grupo Escolar, 36870 Mondariz, Pontevedra
Inscripcións abertas na web championchipnorte
Establécense os seguintes períodos de inscrición, do 15 de xullo, o dia 6 de novembro as 23:59h, de 2019.
Prezos:
Maratón 46k: 19 a 27 euros
Trail 26k: 15 a 22 euros
Minitail 14k: 10 a 16 euros
Os prezos incrementaranse a medida que se aproxime a data do evento.
DISTANCIAS E DESNIVEIS:
MARATÓN: 46 km e 4.800 m desnivel +/- acumulado
O Trail “Orixes” Mondariz, discurrirá polo concello de Mondariz, cun percorrido de aproximado dúns 46 kilómetros e que conta cunha dificultade técnica e física considerada como Alta.
A saída está prevista para as 08:000 horas do día 9 de novembro de 2019, dende a praza de españa ou Avenida Grupo Escolar no caso de mal tempo, cunha duración estimada de 4:30 horas para os primeiros participantes e unha duración máxima de 9h, limitados polas horas de luz. A organización conta con varios puntos de corte.


TRAIL: 25 km e 2600 m denivel +/- acumulado
O percorrido do Trail de 26km comparte percorrido coa primeira parte e parte media da Maratón. Ás 09:30 horas terá lugar a saída dende a Av Grupo Escolar, e contará con 4 avituallamentos. A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente, co que repor enerxías.


MINITRAIL: 14 km e 1000 desnivel +/- acumulado
A distancia MiniTrail forma pate da proba Orixes, e comparte percorrido coa distancia coa Maratón na súa parte final, con unha distacia de 14 Km.
A saída está prevista para as 11:00 horas do día 9 de novembro de 2019, dende a Avenida Grupo Escolar, cunha duración estimada de 1:30 horas para os primeiros participantes e contará cún avituallamento a metade da carreira.
A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente co que repor enerxías.


Trail Orixes Mondariz descorre por varias zonas de río, en caso de mal tempo a organización ten prevista varias modificacións no trazado, podendo aumentra ou diminuir as distancias notablemente, así coma a suspensión da mesma, para asegurar a integridade dos corredores. En caso de suspensión non se devolven os cartos das inscripcións.
AVITUALLAMENTOS E TEMPOS DE CORTE:
MARATÓN 46KM:

Sábado9 de Novembro de 2019
Hora saída: 08:00h
Desnivel acumulado: 5.000m
Altura máxima:886 msnm
Material obrigatorio: Manta térmica, silbato, cortaventos ou impermeable, depósito de auga mínimo 0.5l e móbil con batería.
TRAIL 25KM:

Sábado 9 de Novembro de 2019
Hora saída: 09:30h
Desnivel acumulado: 2.800m
Altura máxima: 485msnm
Material obrigatorio: Manta térmica, silbato, depósito de auga mínimo 0.5l, móbil con batería.
Aconsellase cortaventos ou impermeable
MINITRAIL 14KM:

Sábado 9 de Novembro de 2019
Hora saída: 11:00h
Desnivel acumulado: 1100m
Altura máxima: 380 msnm
Material obrigatorio: depósito de auga mínimo 0.5l, móbil con batería.
Aconsellase cortaventos ou impermeable, manta térmica e silbato.
- Aqueles corredores que os excedan, deberán entregar o seu dorsal aos responsables do control e retirarse da proba ou chegar a meta por indicacións do punto de control.
- A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellasen, ou por outras causas de forza maior. O importe da inscrición non sería devolto.
- Si fose necesario interromper e suspender a proba nun punto do percorrido, a clasificación determinarase segundo a orde e tempo de chegada no punto de interrupción ou, na súa falta, no último control realizado.
- O número de avituallamentos será de oito. A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente co que repor enerxías.
VASOS E DESPERDICIOS
A organización non porá vasos nos avituallamentos polo que cada corredor é responsable de levar un recipiente para beber. O obxetivo é respetar o medio ambiente e minimizar o impacto medioambiental.
É obrigación de cada participante levar os seus desperdicios ata a meta ou lugares sinalados nos avituallamentos.
TROFEOS E CLASIFICACIÓNS
Entregaranse trofeos, medallas os tres primeiros clasificados de cada categoría establecida, tanto masculinos como femininos. Os trofeos non son acumulativos, dando prioridade a categoría absoluta.
As categorías para a clasificación a efectos da Carreira por Montaña Trail Orixes Mondariz serán a seguintes:
– Categoría absoluta: a partir de 18 anos cumpridos o ano de referencia.
– Categoría sénior: Masculina de 18 a 44 anos cumpridos o ano de referencia. Feminina de 18 a 39 anos cumpridos o ano de referencia.
– Sub categoría veterana : Masculina a partir dos 45 anos cumpridos o ano de referencia. Feminina a partir dos 40 anos cumpridos o ano de referencia
– Categoría por equipos: sumaranse os 4 mellores tempos de cada equipo ou club.( A partir do día 8 de novembro, non se admitirán cambios nin incorporacións os equipos)
A idade a ter en consideración para toda a tempada será a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición. En todas as categorías e sub categorías será necesario para validar a clasificación ter unha participación mínima de 4 competidores. Polo que por baixo de devandito número non haberá protocolo de entrega de premios en devanditas categorías e sub categorías.
Os menores de idade a partir de 14 anos só poderán participar na distancia Mini Trail e deberán entregar unha autorización asinada pola nai/pai ou titora/titor e acompañados na recollida de dorsais e durante o percorrido.
HORA DE ENTREGA
- Minitrail e Trail 14:00h
- Maratón: 17:00h (por determinar, en función de como se completen as diferentes categorías)
- A ausencia do gañador dun trofeo no acto de entrega destes, entenderase como renuncia aos trofeos ou premios conseguidos. Toda delegación noutra persoa para a recollida dos trofeos e premios, deberá ser coñecida e autorizada pola Organización, coa suficiente antelación.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHARLA TÉCNICA
- Día previo: lugar Biblioteca Pública Municipal de Mondariz Xoán Xosé Pérez Labaca, rúa Merouces, 18 Mondariz, 36870, o venres 8 de Novembro as 20:00h ata as 21:30h.
- Charla técnica terá lugar no centro social de Mondariz o venres 8 de Novembro as 21:00h.
- – Día da carreira: terá lugar na zona de saída dende as 7:15h ata as 10:00h, (as distancias 46km e 25km, pechan a recollida de dorsais 15minutos antes de cada saída)
PERSOAS NON INSCRITAS
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuito.
SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES
- A Organización disporá dun servizo médico formado por un médico, un enfermeiro e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.
- A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente.
- Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporán dun seguro de accidentes, por lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.
OUTROS SERVICIOS
- A Organización dispón dun servicio de duchas, que se atopará no CPI Mondariz, no pabellón polideportivo e campo da Minada, un servicio de garda roupa que estará nun lugar da saida/meta.
- Nota: preguntas, suxerencias ou incidencias, realizarase formalmente por correo electrónico, para garantizar unha correcta e eficaz comunicación . As redes sociais son informativas.
CONTACTO
Email:
web:
Siguenos en RRS:
- https://www.facebook.com/TrailOrixesMondariz/?ref=bookmarks
- https://www.instagram.com/trailorixes/
- https://www.facebook.com/asociaciondeportivamondariz/
- https://www.instagram.com/admondariz/
Cómo me podo inscribir?
Perdón por la tardanza y responderte tan tarde. Este año la Asociación Deportiva Mondariz NO va a realizar ninguna prueba deportiva debido a la situación tan especial que nos toca vivir. Esperamos retomar las actividades el próximo año si la situación lo permite. Entendemos que la salud de los participantes es lo primero.
Un saludo y gracias por el interés.