O próximo un de Maio, a Asociación deportiva Mondariz organiza a “II Subida a Coto de Eiras“, recuperando así unha antiga tradición que xa estaba no esquecemento levada a cabo polos veciños de Mondariz e Gargamala, trátase de unha andaina a pé que recorrerá as parroquias de Riofrio e Gargamala. A nosa intención e da de combinar unha xornada de deporte, cultura e ocio, levando a cabo a reconstruccións de camiños antigos que estaban en desuso recuperados para esta ocasión, disfrutando de este xeito das fermosas paixases que este sitio nos depara.
REGULAMENTO
- Habrá duas saidas, dende a Praza de Mondariz, que será as 9:00 da mañá, ou da igrexa de Gargamala as 9:45.
- A chegada a Coto de Eiras será aproximadamente as 13:00.
- Para participar, pódese facer chamando o 655 777 023.
- A organización dispondrá de un avituallamento liquido e solido a chegada a Coto de Eiras, ainda que a comida tendrán que levala cadan seu a sua.
- A ruta sae de Mondariz dirección a Gargamala subindo po lo Coto do Lobo, alí incorporaranse os participantes da ruta curta para comenzar o ascenso o alto de Coto de Eiras, a subida farase po los muiños e pastizales de Gargamala, ata chegar a caseta de pedra que está na zona mais alta do pico, alí disfrutaremos dunhas vistas expectaculares, podendo divisar a Ría de Vigo, Pontevedra e parte da de Arousa, e toda a comarca do Condado, todo isto acompañado dun avituallamento que a organización dispón para os perticipantes. O regreso será po los pastizales de Sabaxáns podendo disfrutar das enormes vista do Val do Tea, voltando por Gargamala e Mondariz.
- A distancia a percorrer sera: Dende Mondariz 32 Km aproximadamente, e dende Gargamala 24 km aproximadamente, ida e volta.
- Está considerada como unha camiñata de difilcultade media e será unha ruta circular.
- Esta Andaina terá un custo de 5 euros para todo o mundo excepto para os socios da Asociación Deportiva Mondariz que será de 2 euros, abonarase dita cantidade o mesmo día da proba na recollida do dorsal. que será diante da Praza ou proximidades.
- A Organización dispondrá de un seguro de accidente e un seguro de responsabilidad civil, por si fose necesario.
- Que prohibida a participacioón de cans ou calquer tipo de animal domestico, por motivos de seguridade.
- Dende a organización, pedimos a todos os participantes máximo compromiso con medio ambiente, respetando a natureza e todo seu entorno.