
II CARREIRA POPULAR DE MONDARIZ “Trofeo Aguas de Mondariz”
O vindeiro 24 de Setembro de 2016 a Asociación Deportiva Mondariz organiza, xunto co a colaboración do Concello de Mondariz, a partir das 17:30 da tarde a II CARREIRA POPULAR DE MONDARIZ.
CATEGORÍAS
As categorías para a carreira serán as seguintes:
CARREIRA DE MENORES:
- CADETES: Nados entre os anos 2001/2002
- INFANTÍS: Nados entre os anos 2003/2004
- ALEVÍNS: Nados entre os anos 2005/2006
- BENXAMÍNS: Nados entre os anos 2007/2008
- PREBENXAMÍNS: Nados entre os anos 2009/2010
- PITUFOS: Nados entre os anos 2011/2016
CARREIRA ABSOLUTA
- A carreira absoluta constará dos nados no ano 2000 ata veteranos.
INSCRICIONS
Faranse na web www.cronotec.es, ata as 23:59 horas do mércores 21 de setembro de 2016, non se admitirán inscricións nin posteriores nin o mesmo día da proba.
A inscripción de menores farase neste enlace cubrindo o seguinte formulario.
O custe da inscripción será de 5 euros por participante, agás as categorías de menores.
Un euro de cada inscripción será destinada a “Asociación Asfega de Galicia”. Asociación de fenilcetonuria e outros trastornos metabólicos de Galicia.
A inscripción considerase finalizada ao facer o pago desta e non se retornará o importe da inscripción por ningunha circunstancia.
A inscripción na proba absoluta quedará limitada a 250 participantes.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Farase na zona de saída, na casa rectoral de Mondariz, nun lugar habilitado pola organización, a partires das 15:30 en diante.
PERCORRIDO
A carreira absoluta fará un percorrido de 7 km, comprendendo parte urbana e unha segunda parte que transcurriría pola senda do río Tea e rematará no centro do pobo. Dando comenzo a proba as 18:30h
As carreiras de menores faranse por un circuito totalmente urbano, realizandose na seguinte orde e horario:
- 17:30h- CADETES: Nados entre os anos 2001/2002
Circuito de 1500m (aprox) - 17:45h- INFANTÏS: Nados entre os anos 2003/2004
Circuito de 1200m (aprox) - 18:00h- ALEVINS: Nados entre os anos 2005/2006
Circuito de 900m (aprox)
O rematar a carreira absoluta saldrían os mais cativos:
- 19:30h-BENXAMÏNS: Nados entre os anos 2007/2008
Circuito de 600m (aprox) - 19:45h-PREBENXAMÏNS: Nados entre os anos 2009/2010
Circuito de 300m - 20:00h- PITUFOS: Nados entre os anos 2011/2016
Circuito de 100m (aprox)
Avituallamento: Líquido no Km 4,5 aproximadamente e especial na liña de meta.
PREMIOS
O rematar farase a entrega de trofeos, hora estimada 20:45h.
Haberá trofeos para os tres primeiros da clasificación da proba absoluta, tanto feminina coma masculina. (Non haberá premios por cada categoría, so os tres primeiros da proba)
A se mesmo haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da proba absoluta nados en Mondariz.
Tamén tendrán trofeos as categorias menores tanto masculino como feminino escepto os pitufos que serán obsequiados cun agasallo.
DESCALIFICACIÓNS
O servizo médico da competición ou o director de carreira, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.
PERSOAS NON INSCRITAS
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.
SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.
A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente.
Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporán dun seguro de accidentes, por lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.
OUTROS SERVICIOS
A Organización dispón dun servicio de duchas, que se atopará no pabellón polideportivo de Mondariz, un servicio de garda roupa, que estará nun lugar da saida/meta, e dun servicio de masaxes totalmente gratuito, para aqueles corredores que así o desexen.