O vindeiro 7 de abril do 2018, a Asociación Deportiva Mondariz organiza a II Andaina do Xabriña. Unha espectacular ruta que recorre os camiños que bordean o fermoso río Xabriña, recorrendo así os barrios de A Pedreira, Escobeiro, e as parroquias de Queimadelos, Mouriscados, tocando tamén o concello de Covelo, Constará de de unha ruta curta de 20 km e outra mais longa de 30 km, esta última para a xente mais en forma e atrevida. Aquí deixamos un pequeno reglamento para poder participar na I Andaina do Xabriña.
REGULAMENTO
- Habrá unha única saida , dende a Praza de Mondariz, que será as 9:00 da mañá,
- Habrá duas rutas con duas distancias, unha curta e outra longa, de 20 km e de 30 km respectivamente.
- Para participar, pódese facer neste enlace ou chamando o 655 777 023.
- A organización dispondrá de avituallamentos liquidos e solidos o longo do percorrido.
- A organización dispón de un servizo de coche escoba por se fose necesario.
- Esta Andaina terá un custo de 5 euros para todo o mundo excepto para os socios da Asociación Deportiva Mondariz que será de 2 euros, abonarase dita cantidade o mesmo día da proba na recollida do dorsal. que será diante da Praza ou proximidades.
- A Organización dispondrá de un seguro de accidente e un seguro de responsabilidad civil, por si fose necesario.
- Está considerada como unha andaina de difilcultade media/alta.
- Que prohibida a participacioón de cans ou calquer tipo de animal domestico, por motivos de seguridade.
- Dende a organización, pedimos a todos os participantes máximo compromiso con medio ambiente, respetando a natureza e todo seu entorno.
Por favor, podédesme indicar puntos de avituallamento e confirmar se a ruta é circular. Grazas.
Hola María, recordarchee que a andaina aplazase para o día 7 de abril, por motivos meteorolóxicos.
Por outro lado indicar que os puntos d avituallamiento son o km10 para a curta, km10 e km20 para a larga. E a andaina sí é circular.
Un saudo.