I TRAIL “ORIXES DE MONDARIZ”

LISTA DE INSCRITOS TARIL “ORIXES DE MONDARIZ”, 46 KM, 26 KM, 14 KM.

A Asociación Deportiva Mondariz organiza o I TrailOrixesMondariz , a proba por montaña consta de tres distancia; Maratón, Trail, Minitrail que percorren os montes que rodean o Val do Tea en Mondariz.

I Trail Orixes Mondariz nace co propósito de dar a coñecer lugares de Mondariz que foron e son parte do modo de vida do pobo e forman parte dá contorna.

  • DATA

Data: 12 de outubro de 2017

  • INSCRIPCIÓNS

Inscripcións abertas en championchipnorte.com, abertas dende o lúns 26/09/2017, ata o 07/11/2017.

  • PREZOS:

Os prezos incrementaranse a medida que se aproxime a data do evento

Día 25/09/2017 a 01/10/2017 (prezo reducido, 30 primeiros inscritos en cada proba)

  1. Maratón 46km: 18 euros
  2. Trail 25km: 13 euros
  3. MiniTrail 15km: 10 euros

02/10/2017 ata 29/10/2017 (máximo 50 primeiros inscritos por proba)

  1. Maratón 46km: 20 euros
  2. Trail 25km: 15 euros
  3. MiniTrail 15km: 12 euros

30/10/2017 ata 07/11/2017 (prazas restantes por proba)

  1. Maratón 46km: 25 euros
  2. Trail 25km: 20 euros
  3. MiniTrail 15km: 15 euros
  • DISTANCIAS E DESNIVEIS:
  • MARATÓN: 46 km e 5.000 m desnivel +/- acumulado

                O I Trail “Orixes” Mondariz, discurrirá polo concello de Mondariz, cun percorrido de aproximado dúns 46 kilómetros e que conta cunha dificultade técnica e física considerada como Alta.

A saída está prevista para as 08:000 horas do día 12 de novembro de 2017, dende a Avenida Grupo Escolar, cunha duración estimada de 4:30 horas para os primeiros participantes e unha duración máxima de 9h, limitados polas horas de luz. A organización conta con varios puntos de corte.

O número de avituallamentos  será de oito. A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente co que repor enerxías.

  • TRAIL: 25 km e 2800 m denivel +/- acumulado

O percorrido do Trail de 25km comparte percorrido coa primeira parte e parte media da Maratón. Ás 09:30 horas terá lugar a saída dende a Av Grupo Escolar, e contará con 4 avituallamentos. A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente, co que repor enerxías.

  • MINITRAIL: 15 km e 1.100 desnivel +/- acumulado

A destancia MiniTrail forma pate da proba Orixes, e comparte percorrido coa Distancia maratón na súa parte final, con unha distacia de 15 Km.

A saída está prevista para as 11:00 horas do día 12 de nobembro do 2017, dende a Avenida Grupo Escolar, cunha duración estimada de 1:30 horas para os primeiros participantes e contará cún avituallamento a metade da carreira. A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente co que repor enerxías.

Trail Orixes Mondariz descorre por varias zonas de río, en caso de mal tempo a organización ten prevista varias modificacións no trazado, podendo aumentra ou diminuir as distancias notablemente, así coma a suspensión da mesma, para asegurar a integridade dos corredores.

  • TROFEOS E CLASIFICACIÓNS

Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría establecida,

tanto masculinos como femininos.

  • CATEGORIAS

As categorías para a clasificación a efectos da I

Carreira por Montaña OrixesMondariz serán as seguintes:

Maratón e Trail:

– Categoría sénior: a partir de 18 anoscumpridos o ano de referencia.

– Sub categoría veterana A : Masculina e feminina de 40 a 50 anoscumpridos o ano de

referencia.

– Sub categoría veterana B: Masculina e feminina a partir dos 51 anoscumpridos o ano

de referencia.

– Categoría por equipos: sumaranse os 4 mellores tempos de cada equipo ou club.

Mini Trail

– Tres primeiros clasificados: Masculina e feminina.

  • ENTREGA DE TROFEOS

A entrega de trofeos dáracomezo a partir da 14:00h aproximadamente, segundo chegadade corredores.

  • CHARLA TÉCNICA

Charla técnica terá lugar no centro social de Mondariz o sábado 11 de novembro as 20:00h.

  •  RECOLLIDA DE DORSAIS:

Día previo: lugar Centro social de Mondariz o sábado 11 de novembro as 19:00h.

Día da carreira: terá lugar na zona de saídadende as 7:15h ata as 10:00h, (as distancias 46km e 25km pechan a recollida de dorsais15minutos antes de cada saída)

  • PERSOAS NON INSCRITAS

Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súaresponsabilidade, non estará cubertapola Organización. Se é advertida a súapresenzainstaráselle a abandonar o circuíto

  • SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES

A Organización disporádunservizo médico formado por un/ha médico, un/haenfermeiro/a eunha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.

A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislaciónvixente.

Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporándun seguro de accidentes, por lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

  • OUTROS SERVICIOS

A Organización dispón dun servicio de duchas, que se atopará no CPI Mondariz e pabellón polideportivo de Mondariz, un servicio de gardaroupa, que estará nun lugar da saida/meta, e dun servicio de masaxes totalmente gratuito, para aqueles corredores que así o desexen.

  • MAPA MARATÓN

  • MAPA TRAIL

  • MAPA MINITRAIL

  • AQUÍ DEIXAMOS OS TRACKS DAS TRES PROBAS.
  • Maraton 46 km en formato GPX e en formato KML
  • Trail 26 km en formato GPX e en formato KML
  • Minitrail 14km en formato GPX e formato KML

2 Respostas a “I TRAIL “ORIXES DE MONDARIZ””

  1. Hola, vou participar no mini trail o dia 12, e amiña pregunta e,
    por que no mini trail non hay categorias, e nos outros si, pois me pareceu leer no reglamente que solo hay para categoria general.
    un saludo

    • Hola, en primeiro lugar, dar as grazas por participar no Trail Orixes de Mondariz, e en segundo comentar, que foi unha decisión tomada polos menbros da directiva da Asociación Deportiva,e o motivo era a intención de fomentar as distancias largas, tanto o Maratón como o trail de 26 Km. Chegado a este punto e vendo as inscripcións da distancia maratón, estamos replanteando facer unha categoría de veteranos no Minitrail. Todo isto será informado e publicado o seu debido tempo. seguiremos informando.
      Un saudo e vémonos o día 12.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*