RESUMO DO III TRAIL ORIXES DE MONDARIZ, CLASIFICACIÓN E FOTOS.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro

Foi o pasado 9 de novembro cando ainda coa resaca da carreira popular, a Asociación Deportiva Mondariz pon en marcha o III Trail Orixes de Mondariz. Exito absoluto, xa que un total de 410 corredores de montaña toman a saida dende a praza de Mondariz. Os primeiros foron os da distancia maratón, as 8:00 da mañán 60 valentes, toman a saida con dirección a Coto de Eiras, punto mais alto desta carreira, para facer un recorrido de 40 km aproximadamente, recorrendo os fermosos montes de Mondariz, pasando pola Capela de San Xoan de Festín, Mosteiro de San Xoan de Caxil, Río Furafollas, veira do Río Tea, tendo que recortar uns 6 km do recorrido pola crecida do río, xa que se fai imposible cruzar os famosos Pasos de Tatín, e rematando na praza de abastos de Mondariz.

As 9:30, sae dende o mesmo lugar a distancia Trail, outros 120 valentes toman a saida, con un recorrido por diante de 25 km, tendo que compartir parte do circuito coa distancia Maratón, pasando tamén pola Capela de Festín, pastizal de Gargamala o impresionante río Furafollas, e rematar na praza de abastos de Mondariz.

E as 11:00 da mañán, sae a distancia Minitrail, un recorrido de 14 km que foi recortado pola crecida do Río Tea, e como na distancia Maratón, non se podía cruzar os Pasos de Tatín. 230 corredores toman a Saida dirección Queimadelos para chegar o alto de Paradela pasando por Lougares, Fraga da Barcia e chegar a meta na praza de abastos, alí agardaba un avituallamento no que nadie perdonou os callos e a cervexa.

Dende a Asociación Deportiva Mondariz, queremos agradecer a todos os voluntarios a sua disposición e todo o esforzo que fan para que estas probas poidan facerse e permanecer no tempo, a todos vos GRAZAS.

Deixamos un enlace para que poidades consultar a clasificacion das tres distancia:

  • MARATÓN
  • TRAIL
  • MINITRAIL

Tamén podes disfrutar das fotos que os nosos voluntarios nos van pasando:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*