SUBIDA A COTO DE EIRAS

Subida Coto de Eiras

O próximo un de Maio, a Asociación deportiva Mondariz organiza a “I Subida a Coto de Eiras“, recuperando así unha antiga tradición que xa estaba no esquecemento levada a cabo polos veciños de Mondariz e Gargamala, trátase de unha andaina a pé que recorrerá as parroquias de Riofrio e Gargamala. A nosa intención e da de combinar unha xornada de deporte, cultura e ocio, levando a cabo a reconstruccións de camiños antigos que estaban  en desuso recuperados para esta ocasión, disfrutando de este xeito das fermosas paixases que este sitio nos depara.

REGULAMENTO

  • Habrá duas saidas, dende a Praza de Mondariz, que será as 8:00 da mañá, ou da igrexa de  Gargamala as 9:30.
  • A chegada a Coto de Eiras será aproximadamente as 13:00 e a baixada comenzará as 15:00 aproximadamente.
  • Para participar, pódese  facer chamando o 655 777 023 ou no Bar Andén.
  • A organización dispondrá de un avituallamento liquido e solido a chegada a Coto de Eiras, ainda que a comida tendrán que levala cadan seu a sua.
  • A organización dispón de un servizo de transporte  para levar as mochilas ou o que fose necesario.
  • A distancia a percorrer sera: Dende Mondariz 32 Km aproximadamente, e dende Gargamala 24 km aproximadamente, ida e volta.
  • Está considerada como unha camiñata de difilcultade media.

Aqui deixamos un adianto do encanto que esta ruta nos ofrece.

coto eiras

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.