I TRAIL “ORIXES” DE MONDARIZ

I Carreira por Montaña “ORIXES” Mondariz

A carreira por Montaña “Orixes” Mondariz, e un proxecto organizado pola Asociación Deportiva Mondariz, que pretende achegar o legado dos nosos antepasados, a través, dun Trail con recorridos deseñados para tódolos niveis, amosando a beleza do noso pobo.

carreira popularOrixes complementa o traballo realizado en 2016 pola Asociación Deportiva Mondariz, con unha grande satisfación organizativa, cualificada polos participante dos distinto eventos como excelente.

“Orixes” atópase dentro do pico Coto de Eira a case 900 metros de atitude. Para a organización non chegar a el, sería todo un despropósito. Co cal nos leva a completar 46 km que non deixarán o corredor indiferente, acompañado de duas distancias na súa parte inicial e final, de 25 km e 14 km respectivamente. Un percorrido espectacular con moitas zonas de río, carballeiras, vistas panorámicas das cales poderás contemplar o val do Tea a serra do Suído ou as tres rías.    Cun trazado variado entre zonas rápidas e técnicas acompañados en todo momento da historia e do alto valor natural e paisaxístico do lugar.

1. Data: 12 DE NOVEMBRO 2017

2. DISTANCIAS E DESNIVEIS:

“ORIXES”

MARATÓN: 46 km e 5.400 m desnivel acumulado

TRAIL: 25 km e 2800 m denivel acumulado

MINITRAIL: 15 km e 1.100 desnivel acumulado

Deixar unha resposta