I MARCHA DOS MONTES DE MONDARIZ

Cartel BTT

I MARCHA DOS MONTES DE MONDARIZ

O vindeiro 12 de Outubro de 2016, a Asociación Deportiva Mondariz, organiza a I Marcha dos Montes de Mondariz, cun percorrido po los montes mais fermosos e significativos de Mondariz e que saldrá da Praza de España de Mondariz.

CARÁCTER DA MARCHA E PARTICIPACIÓN

A Marcha terá un carárter non competitivo e queda regulada po lo reglamento cicloturistico-ciclismo para todos os participantes.

A participación da Marcha será libre, sendo a idade mínima de participación de 18 anos cumpridos antes do 12 de Outubro de 2016, ou 16 anos con autorización dos pais, ata un límite máximo de 300 participantes.

A ruta constará dun percorrido de 40 km, con difilcutade media/alta, e contará con catro trialeiras e unha ruta alternativa para a trieleira mais técnica.

A organización dispón de unha ruta de 30 km para os participantes que non pasen un corte antes da 12:00, que será un kilómetro e medio despois do avituallamento.

INSCRIPCIÓNS

A inscripción farase seguindo os seguintes pasos:

  1. O prezo da marcha será de 7 Euros.
  2. Deberá cubrir o seguinte formulario:
  3. Realizar o pago no seguinte número de conta. (Entidade: LA CAIXA), indicando no concepto: MARCHA MONDARIZ, NOME, APELLIDOS e DNI do participante, (Se alguén ten problemas co a sua entidade bancaria a hora de pagar as comisións, pode poñerse en contacto con nos por privado e intentaremos solucionar o problema. asociaciondeportivamondariz@hotmail.com)
  4. Unha vez feito o pago , deberá enviar o xustificante de pago o correo electrónico inscrip@admondariz.org
  5. Unha vez verificados estos pasos, a organización enviará un correo, confirmando a inscripción.
  6. Non se admiten inscripcións o mesmo día da proba.
  7. As inscripcións quedan abertas dende o 1 de setembro de 20016 e pecharanse o 10 de outubro de 2016.

RECOLLIDA DE DORSAIS E HORARIOS.

  • A entrega de dorsais farase na Praza de España, nun lugar habilitado po la organización o mesmo día da proba, de 8:00 a 9:15 da mañá.
  • A saida efectuarase as 9:30 en punto da mañá e pecharase as 14:30, salvo os participantes que rematen antes.

AVITUALLAMENTO OBSEQUIOS E SERVICIOS.

  • A organización fará un avituallamento sólido e líquido, que será na metade do percorrido.
  • O rematar a marcha, teremos avituallamento liquido, e a organización dará un pincho quente para os participantes.
  • Os participantes da proba recibirán un obsequio conmemorativo do evento e sortearanse entre os participantes unha serie de agasallos que a organización dará a conocer antes da proba.
  • Teremos servicio de aparcamento para os participantes.
  • Sevicio de ducha, que será no pavellon polidaportivo de Mondariz, moy preto da saida/meta.
  • A organización tamén dispón de un servicio de lavado de bicicletas.
  • Dispondremos de un servicio de masaxes, para todos os participantes que así o necesiten.

SEGURIDADE

  1. Será obligatorio o uso do casco
  2. O dorsal terá que ir colocado no manillar da bicicleta ou nun lugar visible.
  3. Non se poden efectuar accións voluntarias que poidan danar o entorno natural.
  4. Non se podrá levar o dorsal de outro participante.
  5. Non podrá ser remolcado nin acompañado por calquer tipo de vehículo a motor.
  6. A Organización conta con un seguro de Responsabilidade Civil e outro de acidentes.
  7. A organización dispón dos servicios sanitarios mínimos, Médico, enfermeiros e ambulancia.

MAPA DO PERCORRIDO

PERFIL DA MARCHA

IMG-20160824-WA0006

Para mais información asociaciondeportivamondariz@hotmail.com

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.